Mercados

Ao contar co apoio de dúas das maiores empresas procesadores de atún do mundo a nosa posición no mercado é firme, con boa información sobre o sector dende orixe e un subministro estable de materia prima. Subministramos a clientes de prestixio de diversos países como España, Portugal, Francia, Italia e Alemaña, con capacidade e amplitude de miras para abarcar novos mercados nun futuro. Buscamos ampliar o noso rango de acción a outros países de Europa, Norte de África e Norte de América.

Dolphin Safe


Etiqueta que especifica co peixe foi capturado sen danar aos golfiños. Débense cumprir as seguintes condicións para que o atún se considere Dolphin Safe:

- Non facer persecución intencional, cercar ou lanzar as redes sobre golfiños durante a pesca do atún;

- Non se deben empregar redes de arrastre ou redes de deriva para capturar o atún;

- Durante o lanzamento das redes non debe haber mortes accidentais nin feridas graves a ningún golfiños;

- Non mezclar atún Dolphin Safe con atún non certificado nas bodegas dos pesqueiros, procesadores ou almacéns,

- En cada viaxe no Océano Pacífico Este Tropical (PET) por botes maiores de 400 toneladas netas, e máis, haberá un observador independente a bordo que certifique o cumprimento dos puntos (1) ao (4).

Friend of the sea


Friend of the Sea é actualmente un proxecto de World Sustainability Organization, unha marca internacional rexistrada e centrada na misión humanitaria de conservar o medio ambiente. Friend of the Sea converteuse no principal estándar de certificacións para produtos e servicios que respecta e protexe o medio ambiente. A certificación outorga prácticas sostibles en pesca, acuicultura, fariña de peixe e aceite de peixe Omega 3. Friend of the Sea tamén promove proxectos piloto relacionados cos restaurantes, envíos sostibles, observacións de baleas e golfiños, acuarios, peixes ornamentais, cremas UV e outros.

Fuente: friendofthesea.org

MSC


MSC establece os estándares para a pesca sostible e trazabilidade dos produtos pesqueiros sostibles con certificacións e mantelas a súa vez, en colaboración con ASC, un estándar para o cultivo e recolección de algas mariñas. Cando vexas algún produto pesqueiro que leve o logo azul, podes ter a seguridade de que procede dunha pesquería sostible que cumpre co Estándar de pesquería de MSC e de que, a súa vez, as empresas que o comercializan compren co Estándar de Cadea de Custodia en materia de trazabilidade.

Os estándares de MSC compren coas distintas directrices internacionais de boas prácticas en torno á certificación e a ecoetiqueta. Os estándares foron desenrolados despois dun proceso de consultas cos representantes das industrias pesqueiras, científicos, conservacionistas, expertos e demais partes interesadas.

Fuente: Marine Stewardship Council

FAD-Free


Un dispositivo de agregación de peces (FAD) é un obxecto flotante que proxecta unha sombra na auga para atraer un grupo de peixes. Lanzando as súas redes e canas de pesca preto dos obxectos flotantes, os pescadores poden aumentar as súas capturas con menor esforzo. Sen embargo, isto pode resultar nun maior nivel de capturas accidentais.

Os plantados poden clasificarse en enredos e non enredos. Tradicionalmente, os plantados producíanse empregando redes ou materiais mallados. Estas redes poderían atrapar accidentalmente especies coma tiburóns ou tartarugas. Os plantados que non se enredan empregan cordas ou redes enroladas para evitar enredar a fauna mariña.

“FAD-Free” é o atún capturado sen dispositivo de agregación de peixes. A pesca con plantados as veces pode aumentar a probabilidade de captura accidental. Sen embargo, si se xestiona ben, os plantados poden aumentar a eficiencia da pesca e considerarse sostible.

A actividade pesqueira que emprega plantados pode considerarse sostible cando o seu uso está ben xestionado. Para ser certificado coma sostible según o estándar de pesca MSC, os administradores de pesca deben demostrar que o impacto da súa actividade pesqueira non dana o ecosistema mariño nin as poboacións de peixes. Esta actividade pesqueira é avaliada por un equipo de científicos. Se a pesquería esta certificada, as auditorías de vixilancia anuais verifican si a actividade pesqueira aínda é sostible. Do contrario, o certificado suspéndese e os produtos do mar desa fonte xa non se poden vender coa etiqueta da marca de pescado azul.

Fuente: Marine Stewardship Council